Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

lunes, 12 de octubre de 2009


Onte domingo tivo lugar a comida-xuntanza que comentáramos facer. Na casa cultural de Guláns, xuntámonos varias familias coas nosas empanadas (ente outras cousas) para celebrar un día amigable, tranquilo, algo que non tivera nada que ver co resto que fixemos nos días pasados. Non éramos moitos, contábamos con máis xente, pero xa se sabe, ó estar solucionado o problema, como que son cousas con menos importancia.

Os que asistimos dende logo non o pasamos nada mal, e se cadra coñecemonos máis tranquilamente, e tivemos outro tipo de charlas. Como sempre, compoñentes da banda de música tocaron para nos, como nas manifestacións. Desta volta pasouselle a gorra, e cairon varios donativos, merecíano.

Dani, un dos membros máis activos da Plataforma, tomouse un relax máis que merecido e exerceu de cámara:


Varios dos asistentes, non éramos moitos, pero éramos bos:



Rapaces da banda, sempre incansables e ó pe do cañón:



Con isto, case que se da por pechado este blog, aínda nos queda moito traballo por facer: que todo quede correcto no Instituto, creación da Anpa, etc. Esperemos que se molle máis xente.

En fin, agradecer a colaboración de tódolos pais afectados, e non afectados que se solidarizaron, sen eles aínda seguiríamos dando tumbos cos rapaces dun lado para outro. Para o meu parecer, foi todo un exemplo de mobilizacións civilazadas, sen ter ningún tipo de problema reseñable.

Ata outra.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Inicio do curso escolar



Por fin hoxe os rapaces puderon escomenzar as clases no IES do Barral, tal e como se acordara na reunión co Xefe Territorial.

Según a directora do centro, as clases impartíronse con normalidade, salvando os pequenos atrancos típicos dunha inaugaración feita tan a correr, pero que non dificultaron o curso delas.

Referencia aparte son os servizos. A auga, despóis duns problemas, xa está conectada e funcionando. Non así o suministro eléctrico, aquí e donde se pode dicir aquilo de "a can fraco, todo son pulgas", pois resulta que algúns "donos do alleo" fixeron delas estes días atrás e roubaron parte do cableado de cobre. A sorte é que o centro dispón duns xeneradores de emerxencia, que se ben non cubren o total das necesidades, dan suficientemente para que se traballe con normalidade. Nestes días teñen pensado arranxalo.

Os accesos, pois o dito onte, o rodado está totalmente rematado, mentras que o peatonal terá que esperar uns días ata rematalo e que sexa minimamente transitable. Temos a confirmación do Concello de que o van a asfaltar, o cal non estaría nada mal. Para saír do paso, puxeron unha línea de bus, para recoller os rapaces que van a pe no Colexio Ramiro Sabell e trasladalos ata o instituto.

En fin, que xa están dentro, que era o que importaba.

martes, 6 de octubre de 2009

Vispera do comenzo do curso escolar.

A falta de menos de 24 horas para o comenzo do curso escolar, e por conseguinte para a inauguración do IES do Barral, parece ser que a entrada rodada pola Nacional 120 xa está rematada, xunto co servicio de saneamento que vai por esa marxe.

Outro caso ben distinto son os servizos de luz e auga, que parece ser que empezarán a funcionar hoxe. Pero o caso máis problemático é o acceso peatonal, este aínda non ten pinta nin de ser iso, un acceso. Haberá que botarlle culpa ó tempo, que non parou de chover, pero malamente vai estar rematado para mañán. Teremos que facer de tripas, corazón, e ver se nos días seguintes se vai parecendo a un paso peatonal.

Estas fotos mostran o seu estado:




domingo, 4 de octubre de 2009

Asamblea cos pais afectados


Este sábado xa foi para nos un día moito máis tranquilo, non tivemos que realizar ningún acto especial. O que máis e o que menos acercouse un par de veces ata o instituto para comprobar "in situ" o estado das obras. Vese que están traballando a bo ritmo, e para o mércores debían escomenzar as clase sen problemas, tal e como se fixou a data.

Pola noite tivemos a asamblea cos pais de alumnos afectados, que se celebou sen ningún tipo de problemas. Tódolos asistentes aprobaron por unanimidade as medidas tomadas con Educación e mostrounos o seu apollo en tódolos pasos dados. Todo un detalle, que nos fai pensar que fixemos as cousas ben.

Se todo sae con normalidade, acordamos facer unha xuntanza-comida cos pais afectados e alumnos do Novo IES do Barral, para o vindeiro domingo día 11. Pensamos que é o mínimo que podíamos facer despóis do traballiño que pasamos para lograr o noso obxetivo, e unha boa forma de agradecernos, entre todos, a nosa colaboración, comprensión, unión e traballo pasado. O lugar da xuntanza está ainda sen confirmar, pero agardamos que poidamos facelo na Casa Cultural de Guláns.

viernes, 2 de octubre de 2009

Primeiro día sen mobilizacións.

E asi foi. Como se ve aquí, as máquinas estaban onte preparadas para empezar as obras.



E como tal, parece como si conseguíramos un reto importante, un dereito que nos querían quitar. Foi emocionante sentir esa sensación. Para deixar constancia tiramos unhas fotos algúns dos primeiros que nos presentamos alí. A cara de ledicia que temos despóis de pasar varias noites case sen durmir o dice todo.


Hoxe fomos a Pontevedra a reunirnos co Xefe Territorial de Educación, coa inspectora e máis co alcalde de Ponteareas. Nun principìo todo foi ben, explicáronnos por donde ían a ser os accesos e fixouse como data de inicio do curso escolar para o próximo mércores día 7 de Outubro. Sobre o tema da recuperación das horas lectivas perdidas, nun principio non se lle deu moita importancia, xa que consideran que machacándose un pouco no primeiro trimestre, poden recuperar o perdido sen moitos problemas e sen ter necesidade de amplíar o horario. Levarase un seguimento sobre este tema, e se houbera algún problema estudiaríase a forma de amplíar tal horario.



Estas son algunha fotos no "XA" novo IES do Barral. Dende logo ten moi boa pinta.

jueves, 1 de octubre de 2009

4º día, pleno extraordinario

Pasamos unha noite bastante dura e longa, xa que o cansancio vai facendo mella e o durmir aquí faise moi difícil. Polo tanto as 7:15 da mañán levantamos a todo o mundo e puxémonos a arrumbar o salón de plenos (non se poden queixar, deixámosllo en perfecto estado). Antes das 8 xa tíñamos con nós a Tele 5, que se involucrou agora ó final e fíxolle unha entrevista en directo a Dani.

Ás 8:30 escomenza o Pleno Estraordinario. A propuesta ou novo convenio entre Concello e propietarios consiste en que ditos propietarios ceden os terrenos a expropiar coa condición de que o Concello revoque a solicitud de expropiación forzosa. A cesión gratuita é temporal durante dous anos e medio, pasados os cales se non se aproba o Plan Xeral Urbanístico o Concello asumira o coste do víal que esta proxectado na zona, que sería o que dese entrada rodada o Instituto. A entrada rodada nestes momentos é unha incognita. A proposta apróbase por maioría, coa abstención dos dous partidos da oposición, os cales se queixan de non poñer sobre a mesa o informe sobre o que pode custar o víal, e avisan do gasto que lle vai supoñer ese acordo ó Concello.

Neste momento topámos aínda dentro do Concello e acabande avisarnos que o acordo está firmado e van a empezar a traballar as maquinas no acceso.

Vámonos para alá correndo.

Lográmolo!!!!!!

Fotos do pleno:



miércoles, 30 de septiembre de 2009

3º día, esperemos que sexa o penúltimo.







Seguimos co noso encerro, e cecáis un pouco esperanzados. Xa nos chegou a comunicación oficial de que para mañán xoves vaise celebrar un pleno extraordinario ás 8:30, para tratar o tema da revocación do expediente de expropiación que se cursara fai unha semana. No momento que se aprobe este punto, e se firme o convenio entre o Concello e os propietarios, parece ser que as máquinas comenzaran coas obras dos xa famosos enlaces. Nun principio, estamos moi esperanzados, o principal é que este problema remate dunha vez. Pero haberá que ver as condicóns do novo convenio, que polo que soa, á larga poderalle sair bastante caro ó Concello, e polo tanto a tódolos Ponteareáns.

Para o venres temos unha reunión coa Consellería de Educación, donde supoñemos que trataremos os temas sobre a recuperación das horas lectivas, e sobre todo o seu compromiso de asumir as responsabilidades sobre as carencias nos accesos que se poidan producir por facer as cousas a correr (tarde, mal e arrastro)

Dicir tamén que agora é cando as televisións empezan a preocuparse, despóis de chamalas con insistencia para que mostraran o noso problema, veñen agora que collemos esta medida do peche no Concello.