Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

miércoles, 7 de octubre de 2009

Inicio do curso escolar



Por fin hoxe os rapaces puderon escomenzar as clases no IES do Barral, tal e como se acordara na reunión co Xefe Territorial.

Según a directora do centro, as clases impartíronse con normalidade, salvando os pequenos atrancos típicos dunha inaugaración feita tan a correr, pero que non dificultaron o curso delas.

Referencia aparte son os servizos. A auga, despóis duns problemas, xa está conectada e funcionando. Non así o suministro eléctrico, aquí e donde se pode dicir aquilo de "a can fraco, todo son pulgas", pois resulta que algúns "donos do alleo" fixeron delas estes días atrás e roubaron parte do cableado de cobre. A sorte é que o centro dispón duns xeneradores de emerxencia, que se ben non cubren o total das necesidades, dan suficientemente para que se traballe con normalidade. Nestes días teñen pensado arranxalo.

Os accesos, pois o dito onte, o rodado está totalmente rematado, mentras que o peatonal terá que esperar uns días ata rematalo e que sexa minimamente transitable. Temos a confirmación do Concello de que o van a asfaltar, o cal non estaría nada mal. Para saír do paso, puxeron unha línea de bus, para recoller os rapaces que van a pe no Colexio Ramiro Sabell e trasladalos ata o instituto.

En fin, que xa están dentro, que era o que importaba.

1 comentario:

Anónimo dijo...

porfin comenzaron as clases.Gracias a que todos os pais e nais se uniron pra loitar por una causa comun os dereistos dos seus fillos .oque nos da a demostrar que unidos se poden facer maoitas cousas.