Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

martes, 29 de septiembre de 2009

2º día de encerro

Ata os máis pequenos están asistindo a este encerro:


Cumpriuse o segundo día e a situación segue con total normalidade. Carecemos de ningún tipo de noticia e non sabemos se os asesores xurídicos das parte implicadas, chegaron a reunirse para tratar o tema do novo convenio entre Concello e os propietarios dos terrenos colindantes ó IES do Barral. Hai que recordar que hoxe foi festivo en Ponteareas.

En voz de tódolos pais afectados, recalcamos a nosa decisión de continuar no salón de plenos do Concello, ata que se vexa un acordo firmado coa cesión dos terrenos e as máquinas comencen a traballar e habilitar os accesos. Aí será cando poderemos fíarnos e levantar o noso "campamento". Pero sempre pendiente, xa que non podemos fíarnos moito.

Polo demáis, comentar que o tempo (aquí dentro) vaise pasando con moita calma. A noite fíxose un pouco longa, pero cada un intenta levalo da mellor maneira posible. Esperemos que mañán teñamos algunha noticia positiva.

Estas son algunhas fotos do encerro.
Houbo tempo para xogar ás cartas,


Navegar pola rede,

Alimentarse no salón, xa que as horas pasan factura,

Ocupar os asientos dos concelleiros,
e ata deu tempo a botar unha cabezadiña,

1 comentario:

Carli Sousa dijo...

Ahi estamos Carlos, dañe caña ao blog!! jeje