Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

lunes, 28 de septiembre de 2009

Encerro no Concello

Este luns era o día, e como anunciáramos pechámonos no Concello. Ó redor das oito da mañán, un grupo de pais e rapaces achegáronse ata o Concello e ocuparon o salón de plenos, sen ter ningunha resistencia por parte das autoridades. Así pasou a mañán sen máis noticias importantes e coa incredulidade de que ninguén viñese preguntar que facíamos alí.

Hacia o mediodía chegounos a noticia de que a inspectora de Educación daba o visto bo ás instalacións do Conservatorio máis os baixos comerciáis, os cales necesitarían unha pequena reforma, como a colocación dunha división nun deles para facer dúas aulas e colocación de mobiliario. Polo menos temos unha noticia positiva.

Os relevos entre os pais e rapaces vaise facendo sen problemas, as portas do Concello non pecharon pola tarde, e así foi un ir e vir de xente de cotío.

A tardiña temos noticias de que o Alcalde quere falar con nos, xa que fora a Madrid para tratar cos propietarios dos terrenos colindantes co IES do Barral, ó parecer trae boas noticias pero non queremos esperanzarnos. Na reunión coméntanos que a conversación con ditos propietarios fora todo un exito e que o problema estaba a piques de rematar. Queremos "creer", pero a nosa experiencia dinos que sexamos incrédulos e polo tanto seguiremos co noso encerro ata que vexamos unha firma e as máquinas traballando nos accesos do IES.

Pancartas nas ventanas do Concello.

Momentos de relax durante a tarde.


Os rapaces na mesa do alcalde.

Membros da plataforma reunidos co alcalde e co concellal.

A Plataforma informando ós pais sobre a reunión.

Unha asistente ó peche que tivo o detalle de comprar unha roscas para os rapaces.

No hay comentarios: