Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

martes, 22 de septiembre de 2009

2º día de mobilizacións, malas novas e decepción.

Como xa acordáramos, concentrámonos no Val do Tea ás 8:30 da mañán e imos manifestándonos ata o Concello. Voltamos coas pitadas e a repetir os nosos cánticos reinvindicativos.

O alcalde fainos sentir as primeiras decepcións, xa que a directora dalle un informe negativo sobre o Colexio de Vilar por falta de aulas, soamentes ten 7 das 10 ou 11 que farían falta.

Coa noticia de que non foi a Santiago, chegounos a segunda decepción, se cabe a máis dolorosa xa que démonos conta que nos estaban enganando e utilizando.

Quedamos para a seguinte mobilización para o mércores ás 10 da mañán, nun horario máis cómodo para que poida asistir un número maior de xente.

Pola noite reunímonos a Plataforma, e decidimos que temos que tomar medidas máis drásticas xa que nos están tomando o pelo. Temos as vistas postas na manifestación do sábado e agardamos que sexa un éxito. Estamos buscando a formade conseguir unhareunión coas altas esferas de Educación.


No hay comentarios: