Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

viernes, 25 de septiembre de 2009

Manifestación histórica

Asistencia a Pontevedra por parte da Plataforma e varios pais afectados (en total sobre unhas 40 persoas), para reunirse co Secreterio Xeral de Educación da Xunta de Galicia, o Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra e Inspectora de Educación de Pontevedra.

Nela topámonos coa sorpresa que asiste tamén o Alcalde de Ponteareas, sen nos saber nada.

Despóis das presentacións entramos no tema. A inspectora explicanos que a decisiónque tomaron foi "a menos mala" despóis de baraxar outras opcións.

Ante a proposta do colexio de Vilar en Mondariz con aulas prefabricadas, botáronna abaixo con varias excusas, que se para colocar as aulas leva tempo (sobre un mes), que se os pais se botarían a ela. En fin, que non interesaba.

O alcalde saca a proposta do Conservatorio (aquel que non lle valía antes) e uns pisos que hai enfrente. O secretario do Conselleiro deu unha boa impresión, intentando que o problema se resolva. Non así a inspectora e o xefe territorial (o cal gárdome a miña impresión).

Quédase ás doce dese día para evaluar as condicións do Conservatorio, entre a inspectora e a directora do IES de Barral e o Concelleiro Alberto Novoa.

Ó parecer o informe é negativo por falta de aforo. Despóis barállase a opción dos baixos comerciáis que hai enfrente do Conservatorio. Estamos pendientes da evaluación.

Pola tarde ás 19:30 celébrase a manifestación dende o Val do Tea co seguinte recorrido, Paseo Matutino, N-120, Rotonda de Mondariz, Rúa Castelao, Rosalía de Castro e dirección ó Concello.

Masiva afluencia de xente, afectados e non afectados, numerosas mostras de solidariedade. Aduración anduvo sobre as tres horas. Foi a manifestación máis importante de Ponteareas e viu a dicir o sentir do pobo.

Ó rematar convócase unha asamblea cos pais afectados para o sábado ás 8 da tarde no Parque da Visoureira en Guláns.

Diferentes fotos do día:






No hay comentarios: