Na asamblea explícase este punto, e despóis de matizalo varias veces ponse en votación. O punto é o seguinte:
"Os pais aceptamos unha escolarización nese centro, cunhas condicións un pouco desfavorables (aulas pequenas, falta das asignaturas de Ximnasia e Laboratorio), sempre e cando sexan provisionáis (uns dous meses), pero a decisión final de aceptar e propoñer esa medida sempre será da Consellería de Educación (nunca nosa),asi como a garantia dunha escolarización digna, cumprindo as normas de seguridade , hixiene , transporte ...
Aprovase este punto por maioria.
Tratamos o punto das medidas e protestas a tomar. Propoñemos unha en secreto (para que non se nos frustre). Apuntase moita xente , ainda sin saber para que. (Encerro no Concello, é o tema). A ver se vai adiante.
Fotos da banda de música de Guláns. Se isto non se arregla, a ver cando ensallan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario