Este blog non existiría se se fixeran ben as cousas.

A Plataforma de nais e pais afectados do novo IES do Barral, decidiu crear este blog para que quede constancia das nosas protestas e das novedades que vaian surxindo sobre o problema xerado polas institucións que nos enfrascaron neste problema.

lunes, 21 de septiembre de 2009

Primeiro día de mobilizacións

Despóis do acordado o venres, xuntámonos unha boa cantidade de pais no Val do Tea, e fixemos unha mini-manifestación ata o Concello, coa colaboración da Garda Civil e a Policía Local, que xa se temían algo. Pitada diante do Concello e reunión co alcalde. Este danos unhas explicacións de por que se chegou a este punto, as cales non nos convencen. A nosa preocupación é que se escolaricen os nenos en horario de mañán, que é como están matriculados. Logo propón a posta en marcha de expropiación forzosa, a cal según o asesor xurídico do Concello duraría un prazo de dous meses.
Como vía alternativa para ese tempo propón o Colexio de Vilar en Mondariz. Queda para esa misma tarde coa directora do "ficticio" IES Barral para evaluar as aulas. Asi mesmo comprométese a ir o martes a Santiago para informar á Consellería de Educación e buscar solucións.

Pola noitiña xuntámonos algúns pais e creamos unha plataforma para tentar axilizar o problema.

Quedamos novamente para o martes ás 8:30 da mañán no Val do Tea para novas manifestacións.

Primeiras fotos das mobilizacións, realizadas por Xoan Carneiro.



No hay comentarios: